Templete da Praza Maior, Lugo

Templete da Praza Maior, Lugo

Armesto
En 1887 o arquitecto Nemesio Cobreros presenta o seu proxecto para o quiosco, escollendo a súa situación no centro de animación da cidade: a praza maior. Era signo de modernidade e servía para amenizar o paseo coa música, pensado para a Banda Municipal de Lugo, fundada en 1876. Consta de tres corpos: o primeiro é unha base octogonal de granito, con superficie suficiente na súa plataforma pisada de mármore para albergar a banda de música, con altura adecuada para unha boa emisión de son, aproveitando o oco interior inferior para almacén. O 2º corpo do quiosco confórmao unha estrutura metálica de fundición, con 8 columnas unidas na parte superior con arcos de ferro que sosteñen unha armadura de madeira atirantada con barras de ferro. O corpo de remate confórmano a cuberta primitiva de cinc, hoxe substituída por cobre, e o ceo raso de madeira pintada. Os adornos da cristería, columnas e balaustrada foron distintos dos que figuraban no proxecto, axustándose aos modelos de fábrica para abaratar custes. No 1986 o quiosco foi rehabilitado seguindo o proxecto de Santiago Catalán Tobía. Fonte: turgalicia.es #aarmesto #galicia #galiza #kiosco #lugo #maior #mayor #palco #plaza #praza #quiosco #templete
Default Title