DEMOCRACIA REAL XA!! Porta do Sol.  Madrid

DEMOCRACIA REAL XA!! Porta do Sol. Madrid

Trasancos
Description
Ós españois de tódalas ideoloxías, idades e condicións sociais estan fartos, cansos da democracia desvirtuada e deturpada na que vivimos, onde os que mandan e gobernan realmente son os bancos e as grandes corporacións empresariais... entidades non democráticas, non escollidas de ningún xeito lexítimo, que fan inútiles os votos de tódolos cidadáns e que ademáis son os principais culpables dunha crise atroz que están pagando todos os españois. Os políticos deste país están ao servizo destas entidades, cando realmente tiñan que estar ao servizo do pobo que lexítima e democráticamente os escolleu. O pobo español cree na democracia e quere que funcione, e que o seu voto sirva de verdade, que os votos de todos teñan exactamente o mesmo valor. A democracia reside na soberanía do pobo e os españois decidiron de que é hora de exercer esa sobreanía de viva voz, con liberdade, coherencia, sentido común e sin violencia, pacíficamente, ocupando as prazas das súas cidades para demostrar a súa indignación e a súa necesidade dunha democracia real, xusta e que funcione. A Porta do Sol de Madrid, praza emblemática da capital española, o km. 0 das estradas e camiños de todo o estado convertiuse no centro neurálxico deste movimento pacífico. Este modelo pretende ser unha homenaxe e un apoio a ese movimento a favor dunha auténtica soberanía democrática dos cidadáns. DEMOCRACIA REAL XA!! #acamapadasol #nonosvamos #sinbanderas #spanishrevolution #yeswecamp #democracia #democracy #democràcia #indignados #indignats #outraged
Default Title