Estatua de Santo Domingo, Lugo

Estatua de Santo Domingo, Lugo

Armesto
Description
Realizouse con motivo da celebración do Bimilenario da fundación de Lugo por Roma. Aguia feita en bronce fundido, inspirada nunha aguia imperial de época romana, atopada en escavacións arqueolóxicas do Courel. O conxunto escultórico complétase cunha columna granítica de 15 m. de altura deseñada polo arquitecto Antonio González Trigo. A primeira aguia, de ás pechadas, inaugurouse en decembro de 1976, ano no que curiosamente tocou na administración de Loterías da praza de Sto. Domingo o gordo da Lotería Nacional de Nadal, feito que motivou desde entón o costume de tocar os billetes na columna do monumento. Pero na primavera do 77 a aguia é substituída pola actual aguia de ás abertas, pois non lles gustaba aos lucenses -que lle deron o alcume de "o pombo" (=el pichón)-, sendo colocada a orixinal no Parque Rosalía de Castro. Fonte: turgalicia.es #aarmesto #aguia #galiza #lugo #santo_domingo
Default Title