Casa Alvarado, Lugo

Casa Alvarado, Lugo

Armesto
Edificio proxectado polo arquitecto Juan Álvarez de Mendoza en torno a 1905, pertencente á corrente estilística nacionalista - tradicionalista de transición do s. XIX ao XX. Coñecido popularmente como "Casa Alvarado", sufriu un incendio que o destruíu por completo en maio de 1966. Décadas máis tarde foi construído no seu lugar un edificio réplica do xa existente. Nun principio debeu de ter tres plantas, sendo engadida con posterioridade unha cuarta. As dúas fachadas que dan á praza Maior organízanse en rúas mediante a alternancia de vans con balcóns e galerías. O encontro de ambas fachadas faise cunha esquina en chafrán con galerías, en cuxo remate en cúpula aparece o escudo dos Osorio, Losada e Pardo. Este edificio enmárcase dentro da corrente nacionalista e tradicionalista do arquitecto Mendoza, debido ao emprego de vans con arestas denticuladas, galerías con arcos mudéxares e a súa combinación coa azulexaría na cornixa superior, entre outras características arquitectónicas. Ocupado actualmente polas oficinas da Fundación Caixa Galicia. Tamén ten unha sala de exposicións. Fonte: turgalicia.es #aarmesto #alvarado #caixa_galicia #lugo
Default Title