Cuartel de San Fernando, Lugo

Cuartel de San Fernando, Lugo

Armesto
Un dos tres cuarteis orixinais de Lugo. Foi construído entre 1760 e 1779, sendo bautizado co nome de Cuartel dos Inválidos. Deseñado por Francisco Sabatini, ten dobre planta, construído en cadeirado de granito revocado de branco, excepto os reforzos dos vans, esquinais e cornixas, e con cuberta de lousa. Era lindeiro co hoxe desaparecido edificio modernista da Eléctrica Lucense, e sitúase ao lado da porta de San Fernando (na muralla romana) e da Igrexa de San Froilán. Albergou a sede do Goberno Militar e nel desenvolvéronse os acontecementos definitivos que en xullo de 1936 fixeron de Lugo unha cidade no bando fascista. Atópase nun estado de abandono dende hai un lustro, Aínda que foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en xullo do 2009. O proxecto de convertilo en auditorio foi rexeitado, polo que agora está previsto convertilo no Centro de Interpretación e Museo da Romanización de Galiza. #aarmesto #cuartel #galicia #galiza #inhábiles #lugo #militar #Museo #Romanización #san_fernando
Default Title